Foz, 27 de marzo, 2020. É difícil nestas datas ter algo que celebrar, pero non podemos pasar por alto que hai un ano que abrimos a Residencia de Foz. E digo ben, abrimos, porque houbo moita xente que nos axudou e nos segue axudando para que isto teña cada vez mais sentido. Sempre quixemos que isto fose un FOGAR para unha gran FAMILIA, e nestes días é importante que os que estades fora saibades que os vosos familiares están con nós, coa súa outra familia, recibindo todo o cariño que vós nos transmitides coas vosas mensaxes, chamadas, correos… e seguro que algún ata por telepatía.
Estamos desexando poder celebrar con vós este aniversario como se merece, mentres tanto estaremos aquí, protexidos polas medallas / amuletos que nos mandou Antonio López Castro, un neno de 5 anos dende Santiago. Garántenos que con elas non entrará o coronavirus na Residencia.
Un bico moi grande da nosa parte.