Mondoñedo, 7 de marzo de 2020. A casa consistorial de Mondoñedo acolleu hoxe o acto de presentación do libro Al pasar de los años, de Miguel Somovilla, unha recopilación de artigos de Álvaro Cunqueiro.
O acto desenvolveuse no salón de plenos do Concello. Miguel Somovilla, que, entre outras, tivo altas responsabilidades en TVE, recolle na súa obra máis de douscentos artigos publicados por Cunqueiro en distintos xornais.
O autor da publicación relatou varias anécdotas relacionadas co proceso de creación da súa obra e destacou a relevancia intelectual de Cunqueiro. Na presentación do libro participaron, entre outros, César Morán, catedrático e gran estudoso de Álvaro Cunqueiro, así como o fillo do autor homenaxeado, César Cunqueiro. Acompañaron tamén o evento o Esemble da Escola Municipal de Música de Mondoñedo ” O Pallarego” e recitaron poemas alumnos do Ceip Álvaro Cunqueiro
O peche do acto correu a cargo do concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García. Deu parabéns ao autor, tanto no seu nome como no do alcalde, Manuel Otero, e no de Elena Candia. García agradeceu ao autor de Al pasar de los años que escollera Mondoñedo para facer a presentación desta obra. O mesmo concelleiro agradeceu a Armando Requeixo o traballo que efectúa como coordinador de publicacións da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro (CMAC), da que destacou que recibiu desde a súa inauguración máis de 4.000 visitas.