Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación en Mondoñedo do volume de textos de Álvaro Cunqueiro Al pasar de los años. Artículos periodísticos (1930-1981), editado por Miguel Somovilla

Mondoñedo, 2 de marzo de 2020. A Casa-Museo Álvaro Cunqueiro prosegue as súas actividades coa presentación do volume de textos de Álvaro Cunqueiro Al pasar de los años. Artículos periodísticos (1930-1981), editado por Miguel Somovilla e publicado pola Biblioteca Castro de Madrid.
A presentación terá lugar este sábado día 7 de marzo de 2020 ás 12:00h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo e forma parte dos actos de conmemoración do trixésimo noveno aniversario do pasamento do escritor. Xunto a Miguel Somovilla partici-parán tamén o profesor e estudoso cunqueiriano César Morán, o concelleiro de Cultura da cidade Alberto García, que presidirá a mesa de intervenientes, e mais Armando Re-queixo, coordinador de Publicacións e Actividades da CMAC.
Al pasar de los años. Artículos periodísticos (1930-1981) reúne douscentos arti-gos que conforman un volume de máis de oitocentas páxinas no que se recollen dende os primeiros ata os derradeiros textos periodísticos escritos polo mindoniense. Case se-tenta dos artigos aquí se antologan non foran recompilados antes en libro e todo o conxunto vai acompañado dun moi amplo e documentado estudo introdutorio do seu edi-tor, Miguel Somovilla, e mais dun álbum fotográfico e dunha detallada cronoloxía que lem-bra os principais fitos da vida e obra de Cunqueiro.
Os textos figuran agrupados tematicamente en dez capítulos e proceden de máis dunha vintena de cabeceiras, dende Faro de Vigo (do que Cunqueiro foi director entre 1965 e 1970) ata El Progreso, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche, Vértice, El Sol, Sábado Gráfico, El Noticiero Universal ou Tribuna Médica e Jano. Como epílogo dis-póñense tres textos sobre Cunqueiro escritos por otros tantos periodistas: unha entrevista de Francisco Umbral ao de Mondoñedo datada en 1969 (por mor da concesión a Cun-queiro do Premio Nadal); unha necrolóxica asinada por Francisco Carantoña Dubert en 1981 en Los Cuadernos del Norte; e mais un artigo de Juan Cueto Alas publicado en El País polo primeiro cabodano do escritor.
Miguel Somovilla (Arriondas, Asturias, 1956) é xornalista e nos últimos anos foi res-ponsable de comunicación da Real Academia Española. Con anterioridade traballou tamén en La Nueva España, Cambio 16, La Voz de Galicia ou El País, sendo director de Comunicación de RTVE durante varios anos. Autor de diversas monografías de carácter histórico, ten publicado numerosos traballos arredor do mundo de Álvaro Cunqueiro en diversos medios e tamén no seu blog miguelsomovilla.com
Para máis información poden contactar con Miguel Somovilla no 690944413 ou co coordinador de Publicacións e Actividades da CMAC no 629840238.
Casa-Museo Álvaro Cunqueiro

Exit mobile version