Site icon Crónica3.com A Mariña

Pontón insta á Xunta a poñer en marcha un plan B para mercar material de protección para profesionais sanitarios e reforzar o tecido produtivo galego para o seu abastecemento

 Santiago de Compostela, 22 de marzo 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou hoxe ao goberno galego a nenesidade de activar un plan B de compras de material para protexer ao persoal sanitario e avanza que maña, o BNG fará pública unha batería de propostas sanitarias, económicas e socias na liña de facer fronte á crise do coronavirus.

Na reunión co titular da Xunta, celebrada esta tarde, Pontón insistiu na necesidade de acometer medidas contundentes para dotar de material de protección a todo o persoal sanitario así como a realización de probas a todo o persoal e persoas usurias das residencias de maiores, intervir as residencias privadas para unha “boa prestación” ante o repunte de casos detectados nos últimos días e activar un plan de choque para garantir as condicións sanitarias.

Por outra parte, a portavoz do BNG reclama a recuperación da “plena capacidade da Xunta” na xestión da crise do coronavirus porque a “centralización” non está a ser parte da solución e máis ben está a ser un problema”.

Pontón tamén traladou ao titular do goberno galego a urxencia de abordar medidas que foralezan o tecido produtivo galego para abastecer ao sitema sanitario, medidas de apoio económico para os autónomos e autónomas e liñas de axuda para o sector marisqueiro así como activar dende a CRTVG unha liña para que mentres dure o confinamento poda ser exhibida a “creatividade do sector cultural”.

Exit mobile version