Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas reivindican o rural “como unha oportunidade única para vivir e traballar”

Baleira, 12 de marzo de 2020. A Secretaria Provincial Socialista e candidata as eleccións autonómicas pola provincia de Lugo, Patricia Otero mantivo hoxe unha xuntanza de traballo na montaña lucense acompañada de Alcaldes da Comarca e cargos orgánicos.

A secretaria provincial criticou a política de desmantelamento do rural de Feijóo. “Hoxe podemos constatar, aquí na Feira de Baleira, como o Goberno do PP segue abandonado aos nosos agricultores e aos nosos produtores. O vindeiro 5 abril temos que conseguir mudar esta situación para que Gonzalo Caballero sexa Presidente da Xunta, e converter así o noso rural nunha oportunidade única na que poidamos traballar e vivir, e onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades”, explicou.

Feira de Baleira
Otero estivo acompaña, na Feira de Baleira, polos concelleiros municipais, Javier Núñez e Laura Burgué, así como polo deputado e candidato ás eleccións autonómicas, Luis Álvarez, e tamén polos Alcaldes da Fonsagrada, Carlos López; Navia de Suarna, José Fernández Fernández; Castroverde, José María Arias e Ribeira de Piquín, Roberto Fernández.

Exit mobile version