Viveiro, 4 de marzo de 2020. A Secretaria Provincial do PsdeG-PSOE e candidata as eleccións autonómicas, Patricia Otero, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amósanse satisfeitas de que as reivindicacións que realizou o PSdeG-PSOE sobre as melloras do Porto Celeiro sexan atendidas, tras denunciar onte mesmo (martes), nos medios de comunicación a situación de abandono por parte do PP deste entorno.
Loureiro dixo “hoxe parece que comezaron a traballar diversos operarios no barrio de Celeiro. Por iso quero sinalar que gracias ao traballo da Plataforma Veciñal Pro-Celeiro, xunto as reivindicacións do Grupo Socialista, agora parece que están dando os seus froitos”.
A rexedora lembrou que o propio Concello de Viveiro púxose en contacto en diversas ocasións cos responsables de Portos de Galicia para que se atenderan as demandas para este barrio, pero sempre contaron coa negativa do PP de Feijóo.
“Esperemos que estes traballos non sexan un paripé de cara á campaña electoral, e que as veciñas e veciños do barrio de Celeiro poidan desfrutar de melloras e novas dotacións no entorno do Peirao”, resumiu Loureiro.