O pasado 28 de febreiro, na delegación territorial da Xunta en Lugo, asinouse un convenio entre a USC e os presidentes dos GDRs da provincia para a realización do curso Certificado para os Asesores Europeos en Áreas Rurais por parte dos equipos técnicos dos mesmos, tendo como finalidade a formación e especialización en relación ó asesoramento rural. No acto estiveron presentes o Director Xeral de Agader, o Delegado Territorial da Xunta de Lugo, o Reitor da USC, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, o director do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría e os presidentes dos seis GDRs da provincia de Lugo.