Os populares tiveron palabras de alento ás mobilizacións e protestas promovidas polos traballadores de Alcoa para esixir ao Goberno central que rectifique e corrixa o que denominaron como “estatuto fallido” elaborado polo Goberno de PSOE e Podemos. Desde o PP esixen a Sánchez que acepte todas as alegacións presentadas e consensuadas entre traballadores, patronal da industria electrointensiva e as comunidades de Galicia, Asturias e Cantabria.