Con esta iniciativa, o PPdeG quere que os galegos poidan coñecer máis sobre a súa persoa, as súas opinións, o seu balance e o seu proxecto. Na distribución levada a cabo nesta localidade participaron a cabeza de lista por Lugo, Elena Candia, e o voceiro do grupo municipal do PP en Foz e na Deputación, Javier Castiñeira.