Esta representación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, correrá a cargo da Orquestra e Coros do Teatro Nacional de Moldavia e solistas internacionais convidados. As entradas, á venda en ataquilla.com, están case esgotadas pero o propio día do espectáculo poranse á venda na billeteira arredor de 50 localidades.
O 14 de marzo haberá teatro a cargo do grupo Andanzas de Viveiro, que porá en escena a obra El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. A actuación será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e a entrada será de balde.
O 17 de marzo terá lugar a presentación da Semana Santa de Burela 2020. O acto desenvolverase no Auditorio Municipal ás 20:00 horas e ao remate haberá unha actuación musical.
O 22 de marzo volverá proxectarase unha película infantil dentro do ciclo Burela de Cine. Será no Auditorio Municipal ás 18:30 horas con entrada gratuíta.
E o 28 de marzo a actriz Ledicia Sola presentará o seu monólogo Divina. As entradas, para este espectáculo de Etiqueta Negra Producións estarán á venda o mesmo día ao prezo de 4 euros. Ledicia Sola é na actualidade unha das protagonistas da serie Vivir sen permiso, que se emite en Telecinco os luns pola noite.
Ademais ata o día 27 destes mes de marzo pode visitarse a exposición fotográfica Luces y Sombras de Julio Noche en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
O Concello de Burela conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Rede Galega de Teatros e Auditorios, do Xacobeo 2021 e de AGADIC para a programación das actividades que se desenvolverán durante o presente mes de marzo.