Segundo Olalla Rodil, “hai que marcar criterios igualitarios tanto para a prestación, de cara ás veciñas e veciños, como para garantir as condicións laborais das traballadoras”. “A Xunta exercería así de coordinadora do SAF, garantindo que un servizo de calidade chegue a toda a veciñanza de Galiza”, afirmou Olalla Rodil.
“O SAF é un servizo necesario, máis é complicado de xestionar debido á dispersión poboacional das persoas usuarias”, indicou Olalla Rodil, que engadiu “en moitos casos podemos ver traballadoras que realizan máis de 1.000 km ao mes cos seus vehículos persoais sen recibir a compensación por quilometraxe”. A candidata do BNG indicou que “o próximo goberno da Xunta de Galiza poñerá en marcha un plan para colaborar cos concellos en manter este servizo”.