Méndez subliñou que “a concienciación ambiental ocupa unha posición preeminente na nosa liña de traballo, e por iso poñemos especial énfase en iniciativas coma esta, coas que pretendemos abrir camiño aos veciños para que, neste caso a través da plantación de árbores froiteiras e autóctonas, as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.
O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, nogueiras, laranxeiras, figueiras, carballos, limoeiros..
O número de árbores solicitadas incrementouse en máis do 20% con respecto ao ano pasado, chegando aos 148 exemplares; “cada vez son máis os veciños e veciñas que se suman a esta iniciativa, pero queremos que esta cifra medre aínda máis, animamos, pois, desde aquí á veciñanza a que revitalice as súas fincas con estas árbores que son tamén unha herdanza para as futuras xeracións”, precisou pola súa banda Galán.