Nós, diante desta situación, presentamos unha emenda para que quedase claro que había que aprobar a totalidade das alegacións consensuadas entre os gobernos autonómicos e os traballadores. Esta emenda non foi aceptada e tivemos que absternos, porque consideramos que o acordo que propuxeron os socialistas era máis ben xustificativo da acción do Goberno do Estado que defensora dos intereses de Alcoa.
Con isto, Cajoto trata de desculpar e de enmascarar o erro dos socialistas no Senado, que votaron en contra dunha moción do PP a favor de aprobar todas esas alegacións e trae a Foz a proposta de Pedro Sánchez para que nosoutros a votemos; iso si que nos indigna. A posición do PP de Foz é a mesma do PP de Lugo, que conseguiu que na Deputación se aprobase a súa moción, a pasada semana, para que o Goberno socialista atenda todas as alegacións ao estatuto para consumidores electrointensivos; o PSOE aprobou na Deputación esa moción popular, que tiña o mesmo obxectivo da que días despois rexeitou no Senado.
Pedimos neste caso un pouco de coherencia aos socialistas de Foz e que deixen de terxiversar e lear o asunto de Alcoa e aproben un estatuto que recolla as pretensións de todos os galegos e especialmente dos mariñáns.
Gabinete de Comunicación