O Valadouro, a 12 de marzo de 2020. Na reunión celebrada hoxe polo equipo de goberno ante a situación do COVID-19 acordouse que:
A XIV Edición do Mercado de Primavera queda aprazada a unha data que se estudara en canto cese a fase de contención do COVID-19 e se den as condicións sanitarias oportunas.
Nestes momentos as medidas anunciadas polo Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia son para 14 días, pero tendo en conta a loxística e organización que convela o Mercado de Primavera, tanto para o Concello como para diversos sectores da nosa vila, entendemos que o aprazamento é a medida máis axeitada, evitando o maior impacto posible tanto económico e social.
En canto cese a fase de contención estudarase unha nova data dacordo con tódolos medios, e actividades contratadas para o XIV Mercado de Primavera, evitando o maior impacto económico.
Para a información a empresas relacionadas co XIV Mercado de Primavera e ós expositores autorizados estará dispoñible o telefono 982571516 en horario de 9 a 15:30 e de 4 a 20:30 horas.