Permaneceremos atentos ás informacións oficiais do seguimento do COVID-19 que o Ministerio de Sanidade e a Conselleira fagan nos próximos días seguindo a evolución dos acontecementos e tomaremos a decisión máis adecuada para os intereses dos nosos veciños e veciñas, tanto a nivel sanitario como económico e social.
Somos conscientes da importancia do Mercado de Primavera para o noso Concello, e a economía local, polo tanto as decisións serán tomadas coa suficiente antelación, tendo en conta que o prioritario para nós é a saúde dos nosos veciños e visitantes.
Nos próximos días, continuaranse os contactos co Ministerio e a Conselleira e iremos informando de tódalas novidades.