Site icon Crónica3.com A Mariña

O GDR Terras de Miranda presenta a segunda actividade, Unha Viaxe no Tempo, no Concello de Mondoñedo

 Mondoñedo, 10 de marzo de 2020. – O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda celebrará a 2ª parte da segunda quenda de actividades o vindeiro venres 13 de marzo de 2020 ás 18:45h. As diferentes actividades teñen como obxectivo destacar a riqueza cultural, natural e humana vinculada co Camiño de Santiago na Mariña Lucense. Con isto preténdese divulgar e promocionar os diferentes recursos localizados neste territorio para o desfrute e coñecemento tanto da poboación local como para os visitantes.

A segunda actividade terá lugar no Concello de Mondoñedo. Realizarase unha visita ao Centro de interpretación do Camiño do Norte e ao albergue de peregrinos de Mondoñedo, a cargo de Juan Ramón Fernández Pacios, licenciado en Xeografía e Historia e encargado actualmente da xestión do Centro de Información e Interpretación do Camiño Norte. A continuación, levarase a cabo a conferencia “Camiños do Norte, unha visión retrospectiva antes do Xacobeo 21” a cargo de D. Laureano V. García Díez Presidente de la Agrupación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago del Norte, e finalmente, rematarase a xornada cunha degustación de produtos locais KM0 da man de Complejo Montero.

O pasado venres 6 de marzo xa celebrou dentro do marco do proxecto “Impulso e promoción de experiencias á beira do Camiño de Santiago no territorio comprendido polo GDR Terras de Miranda”, subvencionado dentro do programa O Teu Xacobeo a primeira parte da man de D. Abel Vigo García, Licenciado en Historia e Doutor en Arqueoloxía, actualmente arqueólogo no Excmo. Concello de Mondoñedo e D. Manuel Valín Valdés socio fundador da Asociación de Amigos do Camiño Norte da Provincia de Lugo e da Asociación Cultural Casa das Letras de Ribadeo.

Todas as actividades levadas a cabo neste proxecto son totalmente gratuítas e teñen prazas limitadas. Para mais información, pode contactarse con terrasdemiranda.turismo@gmail.com ou no 673 472 735.

Vindeiras actividades:
Andaina polo Camiño do Norte
Cultura entre as mans – Artesanía de Terras de Miranda

Exit mobile version