A Mariña, sábado 7 marzo 2020. No día de onte, o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego percorreu a comarca da Mariña, con actos en Foz e Barreiros, donde acompañado pola deputada no Parlamento e candidata por Lugo, Olalla Rodil e a responsable comarcal e alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, mantivo unha reunión de traballo cos sectores produtivos e económicos da comarca para tratar as diferentes necesidades e reivindicacións mariñás. Durante a xornada visitou diversos puntos, con especial atención ás infraestruturas viarias e tamén as ferroviarias.
Os desperfectos na ponte de Mañente (Foz), sen rematar desde o 24 de xullo
En Foz, acompañado por Francisco Xavier Fanego, tenente alcalde, e a concelleira Gema Méndez, Daniel Castro, candidato ao Parlamento e membros do BNG comarcal, dirixíronse a Mañente, na N-642, donde desde o 24 de xullo despois do coñecido accidente acontecido nunha das pontes, un dos carrís sigue pechado desde aquela, cos conseguintes inconvintes e problemas de seguridade para @s usuari@s e veciños da zona. @s edís focenses trasladaronlle esta problemática para que sexa transmitida ao goberno para solucionalo o antes posible.
Sucesivos incumprimentos dos gobernos do Estado
“Esta situación é unha pinga mais no vaso dos incumprimentos dos sucesivos gobernos do Estado con Galiza e especialmente coa comarca da Mariña en materia de infraestruturas”, afirmou Néstor Rego.
No mesmo sentido pronunciouse Francisco X. Fanego que recordou os innumerables anuncios feitos por gobernos do Psoe e do PP para o arranxo integral da N-642 e da N-634 asegurando que “é unha auténtica tomadura de pelo a foceg@s e mariñaos que despois de varios anos ainda non se rematara na súa totalidade esa reparación integral nin se atendera o problema do cruce de Cangas, con grave perigo para a seguridade”
Todas estas demandas serán trasladadas ao goberno central, así como a necesidade de axilizar a autovía A-74 Barreiros-San Cibrao que leva dúas décadas de retraso, desde que a Autovía do Cantábrico foi desviada hacia o interior desde Barreiros.