Para todo este movemento pedimos a colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán, da Escola infantil Municipal, e da Oficina Municipal de Información Xuvenil, e deste xeito poder chegar a todos/as os/as nenos/as e ós rapaces e rapazas do Concello de Xove.
Queremos que os/as nenos/as sintan que en todo esto, todos somos importantes, todos sumamos. Así que imos inundar os Hospitais e os Centro de Terceira Idade Galegos de debuxos, cartas, mensaxes…, para poder dar algo de alento a todas esas persoas que o están a pasar mal e poder sacarlles un sorriso.
O correo-e onde se deberá enviar todo este material é o seguine:
servicios.sociales@xove.es
Esperamos que esta iniciativa teña unha boa acollida e contar coa máxima colaboración.
Despedímonos cun….IMOS BUSCAR SORRISOS, TODO SAIRÁ BEN!!