Mondoñedo, 2 de marzo, 2020. O Concello de Mondoñedo colabora coa XXXI Concentración Mototurística Invernal de Galicia Ruta N-634 que se celebrará en Mondoñedo os días 14 e 15 de marzo.
A preinscrición, por un prezo de 29 euros, está aberta ata o venres 6 de marzo. Cada inscrición será de 32 euros e inclúe camiseta, pin e imán artesán do Alfar de Mondoñedo (As formas da Terra).
A concentración dará comezo o sábado cun pincho de benvida a base de empanada de Mondoñedo e cervexa. A inscrición inclúe a cea do sábado con queimada e o almorzo do domingo; ademais de pinchos na ruta do domingo máis o xantar.
As actividades inclúen tamén un toro mecánico, animación, agasallos, o sorteo dun tatoo, música a cargo dun DJ durante toda a tarde e festa nocturna para todos a cargo do grupo Oca Band na praza da Catedral. Haberá carpa.