A alcaldesa, Rocío López, explica que as obras lévanse a cabo “nun tramo de preto de 4 quilómetros do firme da estrada que vai desde Castiñeiras Verdes ata As Pantigueiras. Esta obra é posible grazas ao Plan Único da Deputación de Lugo do 2019, cun presuposto total de 150.749 euros”.
A rexedora destaca que “esta vía une a parroquia de Santo Tomé coa de San Adriano e por ela pasan diariamente moitos veciños e veciñas do municipio. Seguimos traballando na mellora das infraestruturas do rural para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.