Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks

 Viveiro, 2 de marzo, 2020. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 5 ata o sábado 7 de Marzo serán 36 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de tempada cuns descontos incríbles, chegando ata o 70% nalgúns casos. Tratase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, óptica, telefonía e floristerías. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes.

Os locais participantes son: Confecciones Justo Vázquez-Jonathan-Las Fidalgas-Baamonde Style-Esprit-El Faro–Dandara-Fontana–Versus-Kody-Kody Kids-Rockid-Complementos Sulian-Tejidos Rogelio-Lencería Canela-Nacar-Mercería A Bolboreta-Oxígeno Surf-Van Surf Shop-Van Surf Sneakers-Piti Deportes-Deportes Don Balón-Podium Sport-Albo 55 Sneekers-Calzados Albo- Albo Zapaterias–Vogue–Tacones–Platax-Joyería Paleo-Kalea Platería-Regal Fontenova-Raquel Seijido- Muebles Iglesias-Mobiltom-La Óptica

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermello co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

Trátase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sin ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Exit mobile version