Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 300 euros na súa campaña do Día do Pai

 Foz, 9 de marzo de 2020. O Centro Comercial Aberto de Foz sorteará 300 euros na súa campaña do Día do Pai.
As persoas que realicen estes días as súas compras nos 75 establecementos asociados ao CCA/ACIA de Foz, que participan nesta cita, entrarán no sorteo de seis vales de compra por valor de 50 euros cada un deles.
O sorteo realizarase a través de Radio Foz o día 23 de marzo.
O Centro Comercial Aberto de Foz continúa deste xeito coas súas campañas de promoción do comercio local, potenciando as compras nos establecementos da vila para unha data tan sinalada como é o Día do Pai, o 19 de marzo, no que tamén se festexa San Xosé, a xornada dos Pepes, das Pepitas, das Xosefas e dos Xosés.

Exit mobile version