Este agasallo foi resultado do desexo solidario de Nadal que pediu Maite e que axudará a continuar o inestimable traballo nesta asociación. A peza de descanso está perfectamente adaptada e dará un descanso axeitado aos usuarios que o precisen. Como cada ano o desexo solidario é unha das actividades máis emotivas que se fan durante a campaña de Nadal e no que calquera persoa pode pedir un desexo para algunha persoa ou asociación e así poder cumprir unha ilusión ou unha necesidade para alguén que lle faga falta.