Lugo, 12 de marzo de 2020. A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto con Mar Pérez Fra, profesora da USC, mantiveron un encontro con integrantes da comunidade universitaria de Lugo. Nesta xuntanza o a candidata do BNG presentou unha postura de rotundo apoio á universidade pública e cualificou á investigación como un “eixo estratéxico para o desenvolvemento económico e a modernización da Galiza”.
Para isto, segundo Olalla Rodil, “a solución a 11 anos de recortes para por facer unha aposta firme pola modernización da investigación na Galiza”. Olalla Rodil propuxo a creación “dunha Axencia Galega de Ciencia que agrupe os fondos dedicados ao investimento e que permita definir unha carreira investigadora que permita condicións de traballo dignas e de calidade para as investigadoras, tanto na etapa laboral como na formativa”.
“Galiza está á cola da Unión Europea en investimento en ciencia e innovación, cun 0.87% do nos PIB, actualmente estamos por debaixo do investimento do ano 2008” afirmou Olalla Rodil, que comparou estes datos co 2% da media europea ou o 1,82% do País Vasco, territorio que, segundo afirmou Olalla Rodil, “fixo unha aposta decidida pola investigación e creación de coñecemento”. Olalla Rodil afirmou que o horizonte “é situar progresivamente o investimento nun 2,5% do PIB”.
“A partir do 5 de abril traballaremos en mellorar condicións de financiamento para o Sistema Universitario Galego que garanta recursos suficiente para as universidades públicas da Galiza”, sentenciou Olalla Rodil.