Dende o BNG viveirense exixen unha Galiza con dereitos laborais reais na que a fenda salarial non exista e na que as mulleres non ocupemos as peores porcentaxes de traballo precario, temporal, parcial ou pseudotraballos sen seguridade social fóra duns límites legais insuficientes e que a administración non vixía adecuadamente.