Míriam Bermúdez, atendendo ao estado de alarma declarada por mor da crise da Covid19 que estamos a vivir, solicitou a colaboración dxs voceirxs esta pasada terza feira día 24, para poder celebrar a xuntanza de voceir@s por vía telemática, ” temos que dar exemplo á veciñanza sobre o importante é necesario que é ficar na casa para evitar o contaxio e propagación da coronavirus, tamén é unha boa oportunidade para aproveitar as ferramentas que nos poñen as novas tecnoloxías ao alcance e de demostrar, que somos quen de adaptarnos a traballar en circunstancias adversas e estar á “vangarda” coma outras admóns” declarou Bermúdez.
Nesta reunión a portavoz do BNG insistiu na necesidade de crear canto antes a Comisión Técnica Pública-Privada para plantexar, estudar e propoñer as medidas de orde económico, fiscal e social que se estimen precisas para afrontar as consecuencias da crise sanitaria e minimizar os efectos negativos que sobre a economía local, as empresas, o comercio, autónomos, profesionais e o emprego se están a producir e se prevén. Unha comisión que debera estar composta polos técnicxs responsábeis das áreas de Facenda, Intervención, Tesourería e Secretaría do concello, Portavoceirxs da corporación e Representantes dos sectores produtivos afectados. “Este tipo de comisións xa se estan a levar a cabo noutras administracións públicas e concellos como Lugo, onde constituíron unha mesa de traballo virtual con diferentes sectores económicos da cidade para coordinar a extratexia de dinamización económica”, explica Bermúdez, ”o lóxico é crear este tipo de comisións ante unha situación como a actual. Cremos que é necesario que o Concello sume esforzos co tecido produtivo e social de Viveiro co obxectivo de anticiparse e paliar, na medida do posíbel, os efectos do impacto que xa está a arrastrar esta crise provocada polo coronavirus.”
A portavoz do BNG tamén trasladou aos membros da xunta de voceiros unha proposta de creación colectiva para contribuir á que a corentena nos fogares sexa máis levadeira, propoñendo a posta en marcha dun concurso de fotografia online “Viveiro desde a xanela” a través das redes, co obxecto de que @s viveirenses saquen o mellor deles e da vista que perciben dende os seus fogares.