Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá presenta unha serie de medidas para tentar axudar a pasar a veciñanza co menor trastorno posible a crise creada polo coronavirus

 Lourenzá, 27 de marzo, de 2020. O grupo municipal do BNG en Lourenzá ven de presentar unha serie de medidas para tentar axudar a pasar a veciñanza co menor trastorno posible a crise creada polo coronavirus

Medidas de información e comunicación
• Informar á corporación para unirnos en todas as medidas que se tomen e
aportar todas as melloras que se poida.

Medidas con voluntariado
• Creación dun rexistro de voluntarios e voluntarias con perfís persoais e profesionais que poidan ser útiles neste momento (psicólog@s, traballadores e traballadoras sociais, estudantes ou profesionais de ramas sanitarias, etc.) para funcións como atención psicolóxica, loxística na atención sanitaria, acompañamento telefónico e dixital ou calquera medida abalada polas autoridades sanitarias que poida ser de utilidade para a veciñanza.

• Posta en marcha dun programa de acompañamento telefónico ás persoas da terceira idade e a aquelas que son máis vulnerables, para evitar os efectos do illamento, coñecer de primeira man o seu estado e poder facer seguimentos diarios.

• Creación dun rexistro de ofertas voluntarias e demandas de bens e
subministros que poidan ser de utilidade neses momentos.

Medidas Sociais
• Implementar axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades dos e das menores, familias desfavorecidas e afectadas polo impacto da situación socioeconómica do coronavirus.

• Reforzo e ampliación de atención telefónica de urxencias sociais para atender as necesidades da poboación máis vulnerable

• Coordinar coas outras administracións un protocolo de atención e seguimento a vítimas de violencia machista.

Medidas fiscais
• Facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación, (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situación concretas de cada persoa ou empresa. Seguindo estes criterios para o aprazamento da taxa de recollida de lixo comercial ás actividades pechadas, así como de todos aqueles impostos municipais pendentes de pasar a cobro.
• Iniciar o estudo para a posta en marcha, pasado o período de emerxencia sanitaria, dun Plan de reactivación económica naquelas cuestións de competencia municipal (dinamización do comercio local, fortalecemento dos servizos, incremento do investimento –vencellado a aquelas actuacións con maior impacto na xeración de riqueza e emprego-, etc. (As medidas a adoptar deben complementar ás doutras administracións).
• Demandar a eliminación urxente da regra de gasto, a obrigatoriedade de realizar plan económico financeiro, os obxectivos de déficit e os límites de endebedamento dos Concellos, xa que restrinxen a capacidade de investimento, de reforzamento dos servizos municipais e de contratación de persoal por parte das institucións locais, limitando enormemente a súa capacidade de resposta á crise.
• Reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitar situacións de exclusión.

Exit mobile version