A Xunta de Galiza non cumpriu co compromiso de consensuar unha nova Lei do Xogo para afrontar este problema de saúde pública, que sigue en anteproxecto de proxecto. O BNG de Foz entende que debe contar na súa elaboración co consenso dos grupos políticos e tamén coas asociacións que traballan no ámbito da rehabilitación. O goberno do PP por boca do seu vicepresidente A Rueda foi quen de decir “Se ao sector do xogo vaille ben tamén lle irá á Xunta de Galicia e á sociedade xa que é unha importante fonte de ingresos”. Un despropósito pactado coa patronal das apostas da Galiza (AGEO). O PP e quen de facilitar todo o que cheire a negocio, desprezando aos expertos que salientan o enorme destrozo que a ludopatía pode xerar na mocidade. O aumento da publicidade televisiva referida a estas actividades utilizando como reclamo a personalidades con prestixio social, favorece o incremento de casos de adicción entre a xente moza, xa que percibe cómo persoas referenciais trasladan a imaxe de que estas actividades son algo positivo. As apostas non son un xogo, e sí son perigosas
O BNG de Foz acadou o acordo do pleno para instar ao Goberno autonómico da Xunta a consensuar unha nova Lei do Xogo para afrontar este problema de saúde pública que debe contar na súa elaboración co consenso dos grupos políticos e tamén coas asociacións que traballan no ámbito da rehabilitación. Tamén acordouse instar a Xunta de Galiza a que igual que acontece co gremio de tabacaleras ou farmacias, limite a apertura das casas de apostas físicas mediante o establecemento dun mínimo de metros de separación ou por núcleos de poboación, para frear así a súa expansión, limitando tamén a publicidade tanto en cartelería como no patrocinio de entidades deportivas que inflúen decisivamente na addicción na mocidade. O pleno do Concello posicionouse como Concello libre de Casas de apostas. De xeito que na medida das competencias municipais, se limite a posible instalación de Casas de Xogos de apostas no noso Concello que afectan á economía e poden causar ludopatía, especialmente pola cantidade de xente nova que cae nesta adicción.