Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado de ESO do colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús celebrou o Día da Muller cunha mesa redonda

 Ribadeo, 7 de marzo de 2020. O alumnado de ESO do colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús celebrou o Día da Muller cunha mesa redonda na que participaron tres ex alumnas do centro que traballan en postos relacionados con carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Son Andrea Rivas Álvarez (enxeñeira química), Lara Neira González (matemática) e Luísa Sanjurjo Santar (enxeñeira industrial).
A xefa de estudos do colexio Sagrado Corazón, Begoña Sanjurjo, explicou que “as tres fixeron un repaso pola súa vida académica e laboral. Explicaron tamén cara a onde se move o mercado e que perfís profesionais están máis demandados, ademais de responder ás dúbidas do alumnado. Queremos agradecerlles o esforzo feito para acompañarnos, para adecuar as súas explicacións a un público de ESO e sobre todo os ánimos que lle deron ó alumnado a cursar carreiras STEM e ás rapazas a romper o teito de cristal dos postos directivos”.

Exit mobile version