Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de decretar servizos básicos para o funcionamento do Concello ao longo do estado de alarma no que nos atopamos e que se prolongará durante quince días

 Ribadeo, 15 de marzo de 2020. No resolución da alcaldía advírtese que a atención á veciñanza só se prestará de xeito telefónico e telemático. A atención presencial queda reservada unicamente para as urxencias. Os teléfonos que estarán operativos no Concello serán o 982 120 701 e o 982 128 650, no caso dos Servizos Sociais estes serán atendidos no 982 120 808 e a Policía Local no 689 55 00 55. Hai tamén unha dirección de correo electrónico para que as veciñas e os veciños se poidan comunicar co Concello. É a seguinte: ribadeo@ribadeo.org
A resolución declara como servizos públicos municipais esenciais con carácter inicial e susceptibles de ampliación ou modificación posterior en virtude da evolución da situación: rexistro xeral, padrón de habitantes, Policía Local, Servizos Sociais, brigada municipal de vías e obras, recollida de lixo e limpeza viaria, electricidade e iluminación pública, rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores, entre outros.
Este domingo, Suárez Barcia asinou esta resolución da alcaldía diante dos acontecementos que se están a vivir. O decreto entra en vigor este luns, día 16 de marzo.

Exit mobile version