“Estamos moi satisfeitos coa decisión tomada polo Goberno. A boa disposición así o facía ver e temos a confirmación de que Alcoa sigue funcionando con normalidade. É unha empresa esencial, produtora de aluminio, material que se usa en moitas industrias alimentarias, conserveiras e manufactureiras de produtos esenciais”, explica o rexedor municipal focense.
Fran Cajoto engade: “a ninguén se lle escapa que parar as cubas electrolíticas sería un peche inicial de Alcoa porque resultaría moi complicado volver arrincalas. Polo tanto isto alívianos e énchenos de ledicia. E tamén saber que puidemos aportar ese gran de area tanto María Loureiro como eu ao falar cos compañeiros de Madrid e expoñerlles as dificultades que isto podería ter. Esta é unha boa noticia para Alcoa e para toda a Mariña”.