Site icon Crónica3.com A Mariña

Medra a indignación pola chegada de persoas das zonas máis afectadas polo coronavirus, especialmente Madrid, á Mariña

A Mariña, 14 de marzo, 2020. A indignación vai en aumento pola chegada de centos de persoas sen ningún tipo de control e desatendendo todas as recomendacións, especialmente de Madrid, a “pasar” a crise do Covid19 na comarca. Primeiro foron os propietarios de segundas residencias, mais agora tamén chegan algúns sen hospedaxe  buscando habitacións en hoteis, ou mesmo alugando apartamentos. Algúns propietarios, nun inexplicable exercicio de irresponsabilidade chegaron a publicar anuncios a tal fin que retiraron posteriormente polo malestar creado. Mentres as administracións, estatal, galega e concellos esfórzanse por transmitir, dentro da serenidade, todas as recomendacións necesarias para parar a transmisión da pandemia; e mentres a maioría dos cidadáns séguenas con disciplina, contrasta o incivismo inexplicable doutros que, ou ben confunden unha alarma cunhas vacacións, ou ben buscan un agosto nestas circunstancias.

Exit mobile version