A Mariña, 14 de marzo, 2020. A indignación vai en aumento pola chegada de centos de persoas sen ningún tipo de control e desatendendo todas as recomendacións, especialmente de Madrid, a “pasar” a crise do Covid19 na comarca. Primeiro foron os propietarios de segundas residencias, mais agora tamén chegan algúns sen hospedaxe buscando habitacións en hoteis, ou mesmo alugando apartamentos. Algúns propietarios, nun inexplicable exercicio de irresponsabilidade chegaron a publicar anuncios a tal fin que retiraron posteriormente polo malestar creado. Mentres as administracións, estatal, galega e concellos esfórzanse por transmitir, dentro da serenidade, todas as recomendacións necesarias para parar a transmisión da pandemia; e mentres a maioría dos cidadáns séguenas con disciplina, contrasta o incivismo inexplicable doutros que, ou ben confunden unha alarma cunhas vacacións, ou ben buscan un agosto nestas circunstancias.
Medra a indignación pola chegada de persoas das zonas máis afectadas polo coronavirus, especialmente Madrid, á Mariña
Medra a indignación pola chegada de persoas das zonas máis afectadas polo coronavirus, especialmente Madrid, á Mariña
Relacionado
-
Unha persoa sufriu diversas queimaduras ao tratar de prender a cheminea con alcohol en Barreiros
-
‘Unha Vela por ti’, con motivo do 25N, en colaboración con Mujeres en Igualdad de Cervo
-
Castiñeira ve “sospeitoso que outro erro do alcalde lle permitira á empresa licitadora alegar por segunda vez a decisión da Corporación Municipal de non seguir co contrato da residencia mentres non estean claras as axudas aos usuarios”