Desde o venres, 13 de marzo (incluído), suspéndese a actividade nos seguintes ámbitos:
Escolas Deportivas Municipais
Taller de teatro municipal
Taller de memoria
Cursos da piscina municipal
Actividades culturais, sociais e deportivas previstas desde a Administración local e/ou desde as distintas asociacións
Tamén desde este venres, 13 de marzo (incluído), quedarán pechados ao público os seguintes espazos municipais:
Bibliotecas municipais
Casa do Mar
Ecomuseo de Cervo
Locais sociais das diferentes parroquias
Complexo Deportivo da Veiga
Escola Infantil Municipal: quedará pechada totalmente desde o luns, 16 de marzo. Pero mañá venres, 13 de marzo, recoméndase que as familias, na medida do posible, non fagan uso do servizo.
Piscina Municipal: o servizo quedará totalmente pechado ao público a partir do sábado, 14 de marzo (incluído).
Manteranse os servizos básicos, como Axuda no Fogar pero extremando as medidas de prevención recomendadas pola Consellería de Sanidade.
A Casa do Concello e a oficina da Casa da Cultura estarán abertas ao público no horario habitual, extremando as medidas de prevención recomendadas pola Consellería de Sanidade; pero recoméndase ás persoas usuarias que fagan as xestións de xeito telefónico (982557777) ou telemático (info@concellodecervo.com ou a través da sede electrónica).