Site icon Crónica3.com A Mariña

Sesenta efectivos da UME desenvolverán tareas de desinfección hoxe en distintas poboacións da provincia

  Lugo, 24 de marzo de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou que hoxe se van despregar na provincia de Lugo a Unidade Militar de Emerxencias, que vai levar a cabo tareas de desinfección en distintos lugares da provincia, e a Brilat que reforzará as forzas de seguridade na cidade de Lugo dentro da Operación Balmis.

Tras a reunión mantida coa subdelegada do Goberno no Centro de Coordinación Operativa, determináronse os lugares de actuación tanto da UME como da Brilat. A subdelegada tamén se fixo eco á hora de determinar o plan de traballo das demandas expostas por distintos alcaldes.

Tocante ao despregue da UME, os puntos de actuación establecidos son lugares nos que se concentran persoas que forman parte de colectivos de especial risco.

Por este motivo, darase prioridade ás residencias de maiores, así como a centros sanitarios. A UME desprazou hoxe á provincia de Lugo varios equipos compostos por 60 efectivos e 28 vehículos. As localidades nas que teñen previsto realizar labores de desinfección son Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilalba, Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Ademais da Unidade Militar de Emerxencia, o Ministerio de Defensa xa despregara nestas semanas na provincia a efectivos da Brilat, que volven hoxe a Lugo e xa se se desprazaran nos últimos días tanto á capital da provincia como a Monforte de Lemos dentro da Operación Balmis para colaborar coas forzas de seguridade na vixilancia do cumprimento das medidas establecidas polo Estado de Alarma decretado na loita contra a pandemia producida polo virus COVID-19.

Exit mobile version