Nesta primeira xuntanza, que tivo lugar pola mañá na Subdelegación do Goberno, establecéronse pautas de traballo e coordinación da Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Local de Lugo para optimizar o traballo dos axentes. Tamén se decidiu reforzar a presenza nos lugares estratéxicos, especialmente naqueles relacionados coa prestación de servizos básicos para a poboación.
A creación e funcionamento deste Centro recóllese na Orde INT/226/2020, de 15 de marzo, pola que se establecen criterios de actuación para as Forzas e Corpos de Seguridade en relación co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE do 15 de marzo).
Na reunión analizáronse as medidas establecidas trala declaración do Estado de Alarma e a súa aplicación en Lugo nestas primeiras xornadas. A subdelegada do Goberno destacou a responsabilidade que está a demostrar a sociedade lucense e agradeceu o gran esforzo que están a facer os axentes da garda civil, policías e policías locais da provincia e outro servizos de seguridade.