Foi nas zonas de máis uso, como diante do centro de saúde, farmacias, supermercados, parques infantís e outras zonas nas que poida haber máis actividade humana. Para esa finalidade utilizarase a motobomba municipal, que se dotará dunha solución con hipoclorito sódico, segundo as recomendacións de limpeza existentes. O Concello pide que se extremen as precaucións en caso de ter que circular (por algunha das causas que están expresamente previstas), xa que conterá lixivia.