Viveiro, 6 de marzo, 2020. En xaneiro de 2019 a Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A (Sogama) anunciou a posibilidade de subscribirse a unha bonificación do 10% no importe do canon do lixo. Se ben a medida publicitada polo presidente da Xunta non é máis que un parche da subida do 34% aplicada unilateralmente pola propia Xunta en 2014, a bonificación do 10% debe repercutir na veciñanza cun pequeno aforro na taxa do lixo. Para poder aplicar a reducción, os concellos bonificados debían adquirir o compromiso de tomar medidas para a reducción e separación dos residuos.
Independetemente das esixencias marcadas, o crecente compromiso da sociedade co medio ambiente e coa problemática dos residuos en particular, necesita dunha resposta por parte dos organismos públicos. Por todo isto, preguntaremos:
.Que medidas está a tomar o Concello de Viveiro para a mellora da separación e a reducción do lixo? Cal é a reducción acadada na xeración de lixo? Que datos existen da evolución da recollida selectiva? Que obxectivos ten marcados nesta materia o Concello?
.Está o Concello de Viveiro inscrito no plan para a bonificación do 10% no canon do lixo e aplicándoo nos recibos da veciñanza? De ser así, entre xaneiro e febreiro de 2020 debíase ter remitido unha certificación da aplicación e mentemento das medidas adoptadas para a mellora da reciclaxe, que no caso de incumprimento perderíase o importe bonificado; foi esa Certificación emitida e remitida de forma favorable? Cales son os obxectivos cumpridos?