Lugo, a 6 marzo de 2020. “Temos que estar moi orgullosos de que o Partido que transformou os dereitos das mulleres de Galicia foi o PP”. Así o puxo en valor a cabeza de lista por Lugo ao Parlamento de Galicia e tamén presidenta provincial da formación lucense, Elena Candia, durante o acto sectorial organizado polo PPdeG para conmemorar o Día da Muller.
Nun coloquio, moderado tamén pola candidata lucense Susana López Abella e no que tamén interviñeron ás número un pola Coruña e Ourense e a número 2 da candidatura de Pontevedra, Candia destacou a importancia de organizar iniciativas coma esta, “sobre todo cando escoitamos a outros partidos falar sobre o dereito das mulleres”.
A popular fixo esta reflexión recordando as súas raíces e lembrando dun xeito moi especial á súa avoa, que naceu no ano 19 e lle tocou vivir unha Galicia moi diferente. Por iso, “a consolidación de oportunidades debémosllas ano noso partido”, insistiu.
“A Lei de Dependencia ou o sistema da Seguridade Social foron dúas cuestións que á miña avoa lle sorprendían. Isto é un exemplo da evolución que experimentou Galicia, e da que tamén foi responsable outra muller lucense como Manolita López Besteiro”. Por iso, engadiu, “temos que poñer en valor e con total contundencia o traballo do noso Partido”.
Dun xeito máis emotivo, e a parte de citar á súa avoa, tamén fixo referencia a unha muller que marcou e marca a súa vida. Trátase dunha curmá residente en Barcelona, que vive soa nesta cidade e que padece unha minusvalía; pero que, cada día, “é un exemplo de superación e de sacrificio”.
No encontro organizado polo PPdeG, Elena Candia tamén estivo acompañada polos candidatos lucenses. Previamente á súa intervención, tivo lugar unha mesa redonda na que catro mulleres de distintos puntos de Galicia e de distintos sectores expuxeron as súas vivencias. Este coloquio estivo moderado pola candidata lucense Sandra Vázquez.