Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia renuncia á alcaldía de Mondoñedo: “sen esquecer de onde veño e a quen me debo”

 Mondoñedo, 2 de marzo, 2020. Elena Candia manifestou durante o pleno extraordinario celebrado no Concello de Mondoñedo para dar conta á corporación da súa renuncia á alcaldía que “non esquezo de onde veño e a quen me debo”.
Candia asegurou que “asumo este novo reto -encabezando a candidatura do PP pola provincia de Lugo ás eleccións do 5 de abril ao Parlamento galego- porque creo nun proxecto e confío nun gran líder -Alberto Núñez Feijóo-“.
Elena Candia, que continuará como concelleira na corporación municipal de Mondoñedo, engadiu que “esta nova posición permitirame, ademais, cumprir da mellor maneira cos compromisos coa miña cidade e coa miña provincia”.

Exit mobile version