Santiago de Compostela, luns 30 de Marzo de 2020.“La Xunta debería estudiar la posibilidad de asumir la cuota de autónomos durante la crisis”. Así o asegurou este luns a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, ao entender que o Goberno de Pedro Sánchez non o está “haciendo bien con los autónomos, pymes y empresas”.
Trátase, segundo a portavoz de Cs, dunha medida para axudar a saír adiante aos máis de 200.000 autónomos galegos que viron como moitos dos seus negocios quedaban parados en Galicia debido á epidemia provocada polo Covid-19.
Pino sinalou que é unha boa medida para encarar en mellores condicións unha crise na que moitos destes traballadores autónomos nin sequera van percibir ingresos cos que cubrir a cota.
A responsable da formación liberal en Galicia expuxo a proposta debido a que, ao seu xuízo, o Goberno de Pedro Sánchez “ha dejado fuera, de forma sistemática, a los autónomos en las medidas económicas anunciadas para encarar esta situación”.
Pino asegurou que temos que pensar en como manter o máximo de empregos posibles para o futuro despois do estado de alarma. Ademais, a líder de Cs en Galicia pediu certeza e información ao Goberno porque “hay incertidumbre e intranquilidad entre autónomos, trabajadores y pymes que no saben realmente la aplicación de las medidas y como van a afectar a sus negocios”.
Nesta liña, a portavoz da formación laranxa en Galicia incidiu en que os políticos teñen que estar á altura da sociedade.
A responsable da formación liberal sinalou que para Cs segue habendo a día de hoxe dúas prioridades: “Salvar vidas y salvar empleos”.