1. Suspender cautelarmente a celebración de todos os campionatos de Galicia 2020 e competicións organizadas directamente por parte da FGA, dende a data de hoxe ata novo aviso.
2. Celebrar semanalmente xuntanza da Comisión Delegada e Xunta Directiva para valorar as últimas informacións sobre esta pandemia. En función da evolución dos acontecementos, tomaranse decisións sobre unha posible reubicación no calendario galego das competicións aprazadas ou a súa cancelación, se fose preciso.
3. Recomendar a todos os estamentos do atletismo galego que cumpran de forma estrita as medidas establecidas no Real Decreto 643/2020 de 14 de marzo.
4. Agradecer a colaboración e comprensión de todos os estamentos do tecido atlético federativo galego ante as medidas que se están adoptando.
5. Agradecer aos diferentes colectivos sociais que están loitando día a día para combater esta grave enfermidade.
En base ás informacións e directrices que se poidan recibir por parte das autoridades sanitarias e deportivas de rango superior, esta FGA procederá a facer novos comunicados nas vindeiras datas a todos os estamentos do atletismo galego e público en xeral.