Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia presenta lista nas 4 circunscripcións, en Lugo encabezada por Juan Carlos Piñeiro

Ourense, 3 de marzo, 2020. Nun Consello Nacional Extraordinario celebrado o domingo día 1 de marzo na Cidade de Ourense aprobáronse as lista coas que CxG concorre ás eleccións galegas. Dúas mulleres e dous homes serán os cabeza de lista:

María Pilar Barreira Limia por Ourense.
Juan Carlos Piñeiro Docampo por Lugo.
Estela Rodríguez Mosquera por Pontevedra.
Óscar David Casais Montemuiño por Coruña.

O CN designou ao cabeza de lista da Coruña como candidato á Presidencia da Xunta, a proposta feita polo Secretario Xeral, Piñeiro Docampo.

As listas foron presentadas en tempo e forma e coa publicación definitiva dende CxG iniciarase unha campaña que ter por obxectivo seguir asentando o papel dunha forza galeguista e transversal en Galicia como é CxG.

“recibo o encargo do CN, coa ilusión e gañas de traballar co que me sumei no seu día a CxG. O proxecto que mellor reflexa a realidade da sociedade galega. Faremos unha campaña digna centrada en ofrecer solucións aos problemas dos galegos e galegas” dixo Casais.

“CxG viña propondo unha liña de unidade de acción no eido das forzas galegas dende po 28A do 2019. Non puido ser, En Marea desfíxose politicamente e o BNG decidiu falar soamente coa súa esquerda, unha esquerda rupturista. Nese escenario CxG non renuncia a seguir traballando dende a base de que o noso proxecto non se asenta en botar a ninguén, senón en que Galicia avance” dixo Piñeiro Docampo

Exit mobile version