Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia pide a creación dun pacto pola industria galega

 A Mariña, 6 de marzo,2020. “A realidade do tecido industrial galego, en claro risco, fai precisa unha unidade de acción política que implique a tódalas forzas, propoñemos un Pacto pola Industria Galega. A actuación partidista, das formacións de goberno en Madrid, está causando un problema sen retorno, por exemplo en Alcoa” dixo Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG e Candidato por Lugo, provincia na que a multinacional americana supón o 30% do PIB.
Desde CxG entendemos que un problema tan estrutural precisa da aportación de tódalas forzas na defensa de Galicia e non posicións de partido . Por iso propoñemos unha mesa de participación de forzas políticas e axentes sociais para manter un fronte común en Madrid na defensa da industria galega, con consenso.
“A perda de As Pontes, Estaleiros, Cerceda e posiblemente as electro-intensivas supón un retroceso industrial de 50 anos, que Galicia non se pode permitir, máis ben o contrario” dixo Óscar Casais Candidato de CxG á Presidencia da Xunta.
Os 10 deputados e deputadas socialistas e os 2 de Podemos, incluída a Ministra de Traballo non deben obviar que representan a Galicia e non soamente ao seu Partido.
“Pido aos deputados Galegos, das forzas de goberno, que usen a súa capacidade de bloqueo para que se solucione o problema de Alcoa en Marzo, representade a Galicia e non ao Partido, toca ser valentes” pediu Piñeiro Docampo.

Exit mobile version