Para a central nacionalista desde o SERGAS durante os últimos anos as unidades de PRL non foron potenciadas, mantendo unha dotación de persoal mínima para o seu correcto funcionamento e labores a desempeñar, sendo agora nesta emerxencia sanitaria onde se evidencia a escaseza de recursos humanos e materiais así como a vital importancia da prevención de riscos laborais para loitar contra o coronavirus.
Lembran que previamente ao comezo da emerxencia sanitariaa Unidade de Prevención de Riscos Laborais estaba dotada por unha médica do traballo, un enfermeiro especialista en enfermería do traballo e un técnico en prevención de riscos laborais.
Agora, en plena crise polo coronavirus o Hospital da Mariña dispón de menos recursos humanos neste servizo fundamental, denuncian.
O Hospital da Mariña atópase sen médica do traballo, xa que única profesional do centro foi desprazada ao Lucus Augusti.
Queda en evidencia unha vez máis que o noso centro hospitalario e a seguridade e saúde do cadro de persoal é secundario para quen dirixe a nosa sanidade desde Lugo cidade, ao dirixir os xa de por si escasos recursos humanos dispoñibles ao HULA, imposibilitando así desenvolver as funcións propias no centro mariñao.
A medicina do traballo é fundamental para desenvolver as funcións clínico-asistenciais así como as orientadas cara á prevención das enfermidades profesionais e as relacionadas co traballo, así como a promoción da saúde dos traballadores e traballadoras.
Así mesmo, só dispoñemos dun enfermeiro do traballo e dun só Técnico en Prevención de Riscos Laborais, claramente insuficientes e desbordados polas tarefas para afrontar esta crise,ás que teñen que sumar as habituais: accidentes laborais, recoñecementos médicos, embarazos, violencia interna e externa, bioseguridade etc
Aos labores habituais, debido a emerxencia sanitaria actual, deben avaliar a presenza de persoal traballador especialmente sensibleen relación á infección de coronavirus SARS-CoV‐2, establecer a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección que permitan realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde da persoa traballadora.
Tamén deben realizar o seguimento dos contactos casuaisdo cadro de persoal con casos posibles, probables ou confirmados de COVID‐19.
A todo iso súmase a información e formaciónen todas as unidades do hospital, dunha combinación de todas as medidas preventivas, non só Equipos de Protección Individual (EPI), para proporcionar un grao adicional de protección.
É evidente que nunha situación de emerxencia con menos recursos humanos que durante o resto do ano non se pode facer máis, a pesar do sobreesforzo destes profesionais que dan todo e máis cada día para garantir a seguridade do cadro de persoal, denuncian desde CIG Saúde A Mariña.
O sindicato nacionalista tampouco esquece o Servizo de Medicina Preventiva, outro servizo fundamental no manexo desta crise, un servizo que habitualmente realiza actividades de atención individual e colectiva, no ámbito da medicina preventiva e da saúde pública, cunhas funcións orientadas principalmente á vixilancia epidemiolóxica de infeccións nosocomiais así como a prevención da enfermidade e promoción da saúde.
O Hospital da Mariña só conta cun médico preventivista e unha enfermeira na unidade, claramente insuficientes para ocontrol e seguimento ante a epidemia do coronavirus.
REFORZO DA UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.
Ante a preocupante situaciónno Hospital da Mariña polo gran número de persoas do cadro de persoal contaxiadas, cumpre aumentar e non recortar todas as ferramentas humanas e materiais preventivas, claramente insuficientes pola situación actual a pesar do gran esforzo diario que desenrolan os profesionais de ditas unidades, para así garantir a seguridade e a saúde das traballadoras e traballadores e tamén dos usuarios e usuarias, explican.
Por todo o anterior desde CIG Saúde A Mariña esixen ao SERGAS o reforzo da unidade de PRL, pero tamén a de Medicina Preventiva, con persoal médico, de enfermería, técnico e administrativo para abordar en colaboración e coordinación esta emerxencia sanitaria no Hospital da Mariña.
Sempre, pero máis na situación actual, a Prevención de Riscos Laborais é fundamental polo mero feito de que a súa implantación e a correcta execución da mesma axuda a eliminar accidentes de traballo e enfermidades profesionais, facilita o traballo en condicións seguras, permite o cumprimento das normas vixentes e mellora a xestión da crise sanitaria, conclúen.