Casado pide unidade ao resto de parlamentarios galegos do PSOE -que onte nin sequera molestáronse en votar a proposta do PP no Senado- e do BNG, socio dun Goberno que ten que cumprir a súa palabra, e esixe que o estatuto da industria estea aprobado durante o mes de marzo vía decreto ou decreto-lei, para non chegar ata o 5A e logo deixar a 5000 familias esquecidas.
Tamén trasladou unha mensaxe “en positivo” a favor das máis de 5000 familias que dependen da fábrica de Alcoa e pide a Sánchez que o futuro estatuto para as industrias recolla as alegacións dos gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria. Lembra que Alcoa conta con máis de 2000 traballadores, crea un emprego indirecto de máis de 5000 postos de traballo na provincia de Lugo, supón “máis do 20 % do PIB” e é unha empresa que “dá traballo de calidade e xera valor engadido”, polo que Sánchez debe facer algo canto antes.
Por último Casado Reclama que, do mesmo xeito que o PP apoiou as reivindicacións da industria do motor, débense compensar os requisitos ambientais coa maior competitividade industrial.