Site icon Crónica3.com A Mariña

Cajoto afea ao PP que rechazase votar a favor dunha proposta de alcaldía de urxencia para instar ao goberno central a aceptar as enmendas dos traballadores de Alcoa

 Foz, 5 de febreiro, 2020. O Partido Popular de Foz en boca do seu portavoz Javier Jorge Castiñeira, rechazou votar a favor incomprensiblemente dunha proposta de alcaldía de urxencia para instar ao goberno central a aceptar as enmendas dos traballadores de Alcoa e garantir desta maneira un Estatuto electrointensivo axeitado que coloque o custo da enerxía no umbral dos 35 – 40 euros/MWh, reprochan os socialistas.

En palabras do alcalde Fran Cajoto, “esto pon en relieve a frivolidade política do Partido Popular que cada día máis xente aborrece, cun problema tan sensible para Foz e toda a Mariña como é o futuro da factoría, e polo que eles nunca miraron”.

Perdeuse unha boa oportunidade para mostrar unha vez máis a unión de todos os representantes da corporación de Foz en defensa dos empregos e do principal motor económico da comarca e dinamizador do PIB da provincia de Lugo.

Exit mobile version