En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova, o sábado 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla.