Lugo, 5 de marzo de 2020.Co motivo do Día Internacional da Muller, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo), integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo, organiza unha serie de actividades para os vindeiros días: Así, hoxe xoves, día 5 de marzo terá lugar o obradoiro Coa casa ás costas, que se vai desenvolver dende ás 11:00 ás 12:30 horas coa participación dos Usuarios do Centro de día ASPANANE de Viveiro. Este obradoiro repetirase ao día seguinte, de 18.00 a 19.30 h., coa asociación Carmín de Burela.
O sábado, 7 de marzo, o obradoiro versará sobre Igualdade de xénero (ODS 5), e vaise desenvolver de 11.30 a 13.00h. coa participación do Club Pequeamigxs. Nesta mesma xornada, pero ás 18.30h., haberá un faladoiro baixo o título Memoria de heroínas, con proxeccións, lembranzas e homenaxes e agasallo dun libro aos asistentes. Neste faladoiro, de entrada libre, interveñen:
Ana Fernandez Noriega. Directora do Centro Fundación San Rosendo de Xove.
Pablo A. Mosquera “Bigaro”. Médico e escritor.
Roberto Fra Gonzalez “Tito De Erundina”. Autor da novela “Presagio de ausencias”.