Ribadeo, 3 de marzo de 2020. Acisa Ribadeo fai un balance positivo das súas últimas campañas, que remataron a pasada semana. Saír de copas en Ribadeo sáeche gratis finalizou o xoves e Tarxeta Acisa Aforro concluíu o sábado.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos realizou durante os xoves do pasado mes de febreiro o sorteo de 88 copas nos establecementos de ocio nocturno asociados. O presidente, Francisco Iriarte cre que “se tratou dunha campaña que gustou, todas as persoas ás que lles tocaron as consumicións fóronse moi agradecidas, e nos cremos que axudou a reforzar a promoción de Ribadeo como destino de ocio. Hai que ter en conta que en paralelo ao sorteo fixemos unha campaña de publicidade, xa que queremos que Ribadeo siga sendo destino de ocio e diversión”.
Tamén o pasado sábado remataba a campaña da Tarxeta Acisa Aforro coa que o colectivo empresarial premiaba a compra no comercio local cun desconto no combustible de nove céntimos o litro.
Desde a directiva de Acisa indican que “estamos moi satisfeitos co funcionamento desta campaña. Fixemos a segunda edición nun período de catro meses e volvéronse esgotar as tarxetas. Repartíronse 10.000, o que nos fai considerar que esta campaña foi moi ven acollida polos clientes. Quixeramos tamén aclarar que o desconto non era acumulable a outras ofertas, tal e como se especifica na propia tarxeta, xa que houbo algún pequeno mal entendido, xa arranxado e por unha pequena confusión nos prezos do monolito da estación de servizo do Grupo Valcarce”.
E engaden: “a este respecto dende a estación de servizo indicáronnos que en el monolito aparece en el primer display el precio del Diesel con la tarjeta Valcarce Cash y un dibujo de dicha tarjeta, por lo cual ese precio es única y exclusivamente para los clientes que presenten y posean esa tarjeta (tarjeta de socios de Valcarce). En el siguiente display aparece el precio del Diesel para el resto de usuarios que no tengan tarjetas de descuento del Grupo Valcarce y también a partir de este precio se hacen las promociones o descuentos con otro tipo de tarjetas. Consideramos que con esta pequena aclaración as dúbidas que puidera haber quedan despexadas”.
Dende Acisa Ribadeo fan un balance positivo destas dúas campañas, que xunto coa de San Valentín foron iniciativas postas en marcha para dinamizar febreiro, un mes complexo, e que dende a asociación esperan que estas campañas “o fixeran un pouco mellor do habitual”.